CIRCULAR
INFORMATIVA DA ASOCIACIÓN CULTURAL VISTA ALEGRE DE BANDEIRA
Bandeira
a 16 de Marzo de 2007
Estimado-a
socio-a, unha vez máis queremos informarche das actividades que
esta Asociación vai realizar en breves datas, son as seguintes:
·
SEMANA
GASTRONÓMICA
DATAS:
do 26 ó 30 de Marzo de 2007
HORARIOS:
a partir das 20´30 h da tarde
RESTAURADORES:
Luns 26: Pendente de confirmación
Martes
27: TITO NIXON (Mestre
na elaboración de Salmón)
Mércores
28: José R. Rodriguez Luis
con menús de estilo propio
Xoves 29: Centro
Superior de Hostelería de Galicia (Santiago)
Venres
30: LAURA ENMANUELE que
nos deleitará coa degustación de pratos italianos.
·
ASEMBLEA
XERAL ORDINARIA DA ASOC. CULT. VISTA ALEGRE
DATA:
Sábado 31 de Marzo de 2007
HORA:
20 h. en primeira convocatoria e 20´30 h. en segunda
convocatoria
LUGAR:
Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira
ORDE
DO DÍA:
- Lectura
da acta anterior
-
Exposición
de actividades realizadas no ano 2006
-
Estado
de contas
-
Próximas
actividades e rogos e preguntas
Para
rematar, tódolos socios asistentes serán convidados a uns
pinchos.
Pregamos
a asistencia de tódolos socios-as.
Tamén
queremos informar que esta Asociación nestes momentos está a
impartir os seguintes cursiños: Ximnasia
Terapeutica, Aeróbic e Manualidades a 10 € por
mes, cada curso (Patrocinados polo Concello de Silleda), Encaixe
de Bolillos, Pintura e Bailes Latinos.
Para máis
información sobre estes cursos podedes chamar ó tfno. 986 58
55 50 ou ben, pasar polas oficinas da Asociación donde se vos
informará de todos estes cursos e outras actividades que se
realizarán ó longo do ano.
Asimesmo tamén vos comunicamos que no 2007 a Asociación
Cultural Vista Alegre cumpre 25 anos de existencia, polo cal, ó
longo do ano vanse realizar diversas actividades para conmemorar
este acontecemento. De todo esto se vos informará debidamente.
Tamén sería moi importante para nós contar coa vosa
colaboración en todas estas actividades. Esperamos que estes
actos sexan do voso agrado e poidamos contar coa vosa presencia.
Un saúdo.
Asdo:
Dolores Sangiao Cacheiro (Presidenta)