Aproveitamos
              estas datas de Nadal para felicitarche as festas e ó mesmo tempo
              informarche das actividades que a Asociación Cultural Vista
              Alegre vai realizar en colaboración co Concello de Silleda.
               
              
                - CURSIÑO
                  DE RESTAURACIÓN DE MOBLES ANTIGOS
 
              
               
              Concedido
              pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de
              Galicia, este cursiño vai dirixido a todas aquelas mulleres que
              estén interesadas en aprender as técnicas de restauración de
              mobles. O comenzo deste cursiño, está previsto para o martes
              11 de Decembro, e será totalmente gratuito.
              DÍAS
              DE CLASE: Martes e Venres
              HORARIO:
              de 18 h. a 21 h.
              PRAZO
              DE INSCRICIÓN: Ata o venres 7 de Decembro.
               
              
                - DEMOSTRACIÓN
                  GASTRONÓMICA (Elaboración de menús Navideños)
 
              
              Se
              queres deleitar ós teus comensales con exquisitos manxares
              propios destas datas, recorda que tes que asistir os días 20
              e 21 de Decembro a partires  das
              20 horas a este suculento cursiño. Participan: Juan Moure
              (restaurador de Santiago) e Restaurante Pazo de Adrán (Santiago).
               
              
                - VISITA
                  DE PAPÁ NOEL ÓS FOGARES (24 de Decembro)
 
              
              Para
              que Papá Noel visite o teu fogar o día 24
              de Nadal, e lle faga entrega dos agasallos ós teus
              fillos, deberás anotarte no Teléfono 986 58 55 50 (de 16 a 22
              h). O prazo de inscrición finaliza o Venres
              21 de Nadal.
               
              
                - FESTA
                  DE PAPÁ NOEL (25 de Decembro)
 
              
              Como
              nos ten acostumados, Papá Noel visitará de novo a vila de
              Bandeira. Este ano, comezará cun desfile nunha maxestuosa Carroza
              que a partires das 5´30 h. da tarde, 
              sairá do Auditorio Manuel Dopazo e percorrerá as rúas de
              Bandeira para logo chegar ó Centro Cultural donde recibirá ós máis
              pequenos e faralles entrega dun agasallo. Contaremos coa
              participación de animadoras
              infantiles que farán as delicias dos máis pequenos.
              Para rematares, tódolos asistentes disfrutarán dunha grandiosa
              merenda.
               
              
              O
              27 e 29 de Decembro,
              a partires das 5´30 h.
              da tarde, tódol@s
              nen@s
              que queiran participar neste divertido taller, deberán
              presentarse no Centro Cultural con ganas de divertirse.
              
              O
              2 e 3 de Xaneiro, a
              partires das 5´30 h.
              da tarde proxectaranse os últimos estreos en DVD correspondentes
              a películas infantiles en pantalla Xigante e Son de cine.
               
                         
              Esperando contar coa vosa presencia, en especial a dos
              nenos,  en todos estes
              actos, toda a Xunta Directiva da Asociación Cultural, quere
              desexarvos un FELIZ
              NADAL, e un vindeiro ano cheo de boas novas.