|   Bandeira a 30 de Setembro de 2008 Apreciado-a socio-a, un ano mais, ainda que cun pouco de retraso, estamos a traballar na organización de actividades e cursiños que imos por en marcha de seguido, e dos cales pasamos a informarche:  · CURSIÑO DE AERÓBIC ( Concello de Silleda)  · CURSIÑO DE CALCETA  · CURSIÑO DE BOLILLOS  · XIMNASIA TERAPEUTICA ( Concello de Silleda)  · CURSIÑO DE PINTURA ( Concello de Silleda)  · BAILES DE SALÓN ( Concello de Silleda)  · PANDEIRETA PARA ADULTOS  · CLASES DE BREAK-DANCE ( Concello de Silleda)  · CLASES DE ARTE FLORAL ( Concello de Silleda)  
 · EXCURSIÓN Á COSTA DA MORTE (19 de Outubro)  
 Percorrido aproximado:  Saída de Bandeira ás 8´30 h. da mañá, Ferrol, Valdoviño, San Andrés de Teixido, visita ós acantilados de Herveira (os máis grandes de Europa), Cedeira (donde se xantará), Betanzos, Pontedeume, Bandeira. Este percorrido poderá variar según as necesidades de tempo.  O prazo para anotarse comenza o 6 de Outubro  e remata o 15 de Outubro .  A orden de inscrición coincidirá co número de asiento no autobús.  Precio : 20 € socios / 25 € non socios (Serán abonados no momento da inscrición)  O precio inclue : Autocar e comida.  Os cursiños comezarán a partires do 13 Outubro, polo que o prazo de inscrición remata o vindeiro 9 de Outubro . Pregamosvos que vos anotedes para sabe-lo número de alumnos-as que van participar nestes cursiños xa que se non hai un número suficiente de participantes, pospoñerase para máis adiante. Podedelo facer nas oficinas do Centro Cultural, ou ben chamando ó número de teléfono 986 58 55 50  (Polas tardes), donde se vos facilitará maís información.  Á espera de contar coa vosa participación, recibide un forte abrazo.  A Presidenta Asdo: Dolores Sangiao Cacheiro    |