Inicio  |  Fotos  |  Noticias  |  Libro de visitas  |  Foro  |  Correo  |  Bandeira como páxina de inicio

  

 

NOTA DE PRENSA.

A Asociación Cultural Vista Alegre , coa colaboración do Concello de Silleda e o Grupo Folclórico Xirandola, organizará a primeira: MOSTRA INTERNACIONAL DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL.

Nesta primeira ocasión contará coa presenza do grupo de danza tradicional de Belgrado, Serbia: “STARI DUSANOVAC”.

A actuación realizarase no Auditorio Manuel Dopazo de A Bandeira o 17 de agosto de 2008 as 21 horas.

O espíritu desta mostra é coñocer mais sobre outras culturas, para levar a unha mellor comprensión entre as xentes a un maior respeto entre as súas identidades.

"STARI DUŠANOVAC"

O grupo de danza tradicional "Stari Dušanovac" estableceuse en 1971 en Belgrado, Serbia, co único motivo de apreciar e preservar a tradición nacional de Serbia, para facer que as danzas tradiconais serbias continúen con vida, e para representar a nación Serbia do mellor xeito posible.


Durante os últimos anos, preto de 6.000 xóvenes pasaron por "Stari Dušanovac" en moitas actividades . Arestora, mais de 400 membros activos forman parte do grupo folclórico, de teatro, de coro e orquestra.


Son membros de moitas asociacións como, CIOFF, IOV, a UNESCO, ou a Asociación nacional de grupos de danza tradicional Serbia.


"Stari Dušanovac" realizou con éxito mais de 2.000 concertos en Serbia, así como en moitos países de Europa, Asia, África e América, foi agasallado e galardoado cos máis altos recoñecementos e premios.


O programa de "Stari Dušanovac" presenta un modelo etno-escénico moi singular, xa que dá conta do valor esencial da cultura tradicional Serbia .


O seu esforzo por representar a Serbia tradiciónal a través dos seus coloridos traxes, as súas danzas dinámicas e a súa música orixinal, será a sua mellor recompensa para os amantes doutras culturas.