Inicio  |  Fotos  |  Noticias  |  Libro de visitas  |  Foro  |  Correo  |  Bandeira como páxina de inicio

  

 

NOTA DE PRENSA

A Asociación Cultural Vista Alegre de Bandeira , comezou esta semana os traballos para a instalación dunha fonte natural que se instalará na Via da Prata, e que irá ubicada no cruce entre a carretera da Casela e a N 525.

Estes traballos estaos realizando a empresa “Sondeos Rio Ulla” e para sufragar estes gastos, a Asociación conta cunha subvención concedida pola Consellería de Innovación e Industria – Dirección Xeral de Turismo , asimesmo o Concello de Silleda colabora solicitando tódolos permisos que se necesitan para esta obra.

As obras van a bo ritmo e espérase que a finais da semana entrante ou principios da seguinte, os traballos estén rematados.

Esta fonte supón un gran avance, xa que Bandeira ata o de agora non disponía de ningunha fonte de auga natural, polo cal no sólo se beneficiará a localidade de Bandeira, senón que todo-los que circulen pola N 525 así como tódolos peregrinos que pasan pola Vía da Prata, terán a oportunidade de sacia-la súa sede nesta fonte.

Bandeira a 13 de Decembro de 2008