Bandeira, a 11 de Xaneiro de 2008
Estimado-a socio-a, como ven sendo habitual tódolos anos, queremos convocarvos para tratar nesta reunión, os temas pendentes da última edición da nosa Festa da Empanada, así como as actividades realizadas e o balance económico. Polo tanto convocámosvos á:
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ASOCIACIÓN “AMIGOS DA EMPANADA”
DATA: Venres 18 de Xaneiro de 2008
HORA: 20´30 h. en primeira convocatoria e 21´00 h. en segunda convocatoria.
LUGAR: Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira
ORDE DO DÍA :
Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
Presentación de actividades realizadas no ano 2007
Balance económico e resultados do ano 2007
Dimisión da actual Xunta Directiva
Elección de nova Xunta Directiva
Rogos e preguntas
NOTA: Queda aberto o prazo de presentación de candidaturas ata ese mesmo día ás 20 h. da tarde (Presentaranse en sobre pechado nas oficinas do Centro Cultural Vista Alegre)
Sen outro particular e agardando que todos vós poidades acudir a esta Asemblea, recibide un cordial saúdo de toda a actual Xunta Directiva.
José M. Rivas Duro
SECRETARIO
|