Inicio  |  Fotos  |  Noticias  |  Libro de visitas  |  Foro  |  Correo  |  Bandeira como páxina de inicio

  

 

NOTA DE PRENSA

VINDEIRAS ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN CULTURAL

VISTA ALEGRE DE A BANDEIRA

(estan todas actividades próximas; mira a páxina máis abaixo)

· IV CERTAME DE GAITEIROS SOLISTAS MANUEL DOPAZO (24 Maio)

Celebraremos este Certame o vindeiro Domingo 24 de Maio de 2009 a partires das 18´30 h . da tarde no Auditorio Manuel Dopazo . Queremos recordarvos que a este evento acuden gran parte dos mellores gaiteiros de Galicia, polo que vale a pena asistir.

· SEMANA CULTURAL (27-29 Maio)

Mércores 27 de Maio : 20´15 h. Apertura da Semana Cultural

20´30 h. Actuación do Humorista “Lito” do programa Luar (TVG)

Xoves 28 de Maio : 20´30 h. Tiatro “O incrible conto do ciclo circular”

Será interpretado polo Grupo de Tiatro “Maniquillo” de Silleda.

Venres 29 de Maio : Día adicado ás asociacións de mulleres

17´30 h. Haberá colchonetas hinchables para nenos-as.

20´30 h. Conferencia sobre temas de consumo a cargo dunha licenciada en Dereito.

Exposicións : Contaremos cunha gran exposición de traballos realizados por mulleres das seguintes Asociacións: Asociación de Mulleres Rurais de Abades, Asoc. Mulleres Rurais do Candán, Asoc. de Mulleres do Municipio de Silleda, Asoc. de Mulleres Rurais Sta. Isable de Escuadro, ARUMUS (Asoc. de Mulleres Rurais de Siador), Asoc. Veciñal e Cultural de Ansemil-Martixe, etc.

· EXCURSIÓN Á RIA DE NOIA ( 31 de Maio de 2009)

DATA : Domingo 31 de Maio de 2009

PROGRAMA : Saída de Bandeira ás 8 h. da mañá (puntuales), visitarase a Vila de Noia, comerase en Ribeira. Seguidamente visitaranse outras localidades da Comarca.

PRAZO DE INSCRICIÓN : Comeza o mércores 20/05/09 e remata o mércores 27/05/09

PRECIO : 25´00 € Socios – 30´00 € non socios (Este precio inclue o autobús e comida)

Dito importe entregarase no momento da inscrición.

NOTA : As prazas do autobús coincidirán co orden de inscrición.

· CURSIÑO DE RISOTERAPIA (5 de Xuño de 2009)

DATA : Venres 5 de Xuño

HORA : De 19´30 h. a 22 h.

LUGAR : Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira

PRAZO DE INSCRICIÓN : Ata o 1 de Xuño de 2009 (Prazas Limitadas)

TOTALMENTE GRATUITO

· CELEBRACIÓN 100º ANIVERSARIO DA SOCIEDAD PRO ESCUELAS EN BANDEIRA (13 de Xuño de 2009)

Neste ano 2009, cumplense 100 anos da fundación da Sociedad Pro Escuelas en Bandeira, que foi a que construeu o edificio que alberga o Centro Cultural Vista Alegre.

Ó longo do ano iremos facendo diversos actos relativos a este evento.

No mes de Xuño, concretamente o día 13, temos pensado organizar un destes actos no que contaremos coa presencia de representantes desta Sociedade na Arxentina, autoridades municipais, e outras personalidades do ambito político e cultural.

O acto central, celebrarase ese sábado 13 de Xuño ás 17 h . no salón de actos do Centro Cultural Vista Alegre. Seguidamente haberá unha CEA-BAILE no pavillón polideportivo de Bandeira. Para esta cea será preciso retira-las invitacións no Centro Cultural Vista Alegre a partires do día 1 de Xuño , data na que se dará a coñecer o programa completo do acto así como o precio do menú.

Para estas actividades contamos coa colaboración do Concello de Silleda.