Inicio  |  Fotos  |  Noticias  |  Libro de visitas  |  Foro  |  Correo  |  Bandeira como páxina de inicio

  

PRÓXIMAS ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN CULTURAL VISTA ALEGRE


ANTROIDO INFANTIL (15 de Febreiro)

Como xa é tradicional, o luns de Entroido imos celebrar a festa infantil de disfraces para os nenos. Todos os asistentes deberán vir disfrazados e con gañas de pasalo ben. Haberá unha actuación infantil e ó remate, merenda para os asistentes.

· CURSIÑO DE INGLÉS

Todos os interesados en aprender un pouco de Inglés deberán inscribirse no Centro Cultural Vista Alegre antes do 19 de Febreiro. Neste cursiño comezarase por un nivel moi básico (vocabulario e linguaxe coloquial) non hai límite de idade. Os días de clase serán os mércores de 20´30 h a 21´30 h.Comezarase a principios do mes de Marzo.


· CURSIÑO DE GUITARRA

Prazo de matrícula: ata o 15 de Febreiro
Días e horario de Clase: Venres de 20´30 h. a 21´30 h.
Máis información: 986 58 55 50

· EXCURSIÓN Á ESTACIÓN DE MONTAÑA DE SAN ISIDRO (19-20-21 MARZO)

PROGRAMA XERAL:
Venres 19: Saída de Bandeira ás 17 h. do Centro Cultural. Chegada ó albergue ás 23´00 aprox.
Sábado 20: Almorzo as 8:00. A xornada de esquí termina as 16:45, o autobús sairá dirección ó albergue as 17:00, con tempo libre ata as 20:30 aproximadamente que será a cea. Despois, tempo libre.
Domingo 21: Almorzo ás 8:15 e saída para as pistas as 8:30 para empezar a esquiar as 9:00. Este día para evitar colas sobre todo na devolución dos esquís e fortfait, teremos que estar todos no autobús con todo gardado e cargado as 16:30. Horario estimado para o regreso as 17:30 e chegada a Bandeira ás 23:00 aprox.
*Nota importante: A cea do venres non está incluida, entón aconsellamos levar merendado ou levar un bocadillo ou algo de cea para o autobús xa que a un grupo grande non sirven ceas a esas horas no albergue.
Esta excursión realizarase si se reune un mínimo de participante.

Prazo de Inscrición: dende o 1 ata o 19 de Febreiro.
Precio por persoa: 200 € (Socios ou fillos de socios) 220 € (non socios)
Importante: O importe da excursión será abonado inexcusablemente no momento da inscrición.

Tamén vos recordamos que na actualidade temos en marcha os seguintes cursiños: Encaixe de Bolillos, Ximnasia de Mantenemento, Pandeireta, Baile Moderno para nenos, Calceta, Patchwork, Aeróbic. En todos eles ainda vos podedes matricular.