Bandeira a 25 de
Marzo de 2003
Estimado-a socio-a,
aproveitando a ocasión para saudarte, pasamos a informarche das actividades que
esta Asociación ten previsto organizar en datas vindeiras:
·
·
ANTROIDO INFANTIL
Como xa é tradicional tódolos anos, o vindeiro luns de
Antroido (3 de Marzo) a partires das 5 da tarde, organizaremos unha gran festa
para os nenos e nenas que asistan. Haberá unha festa Especial con Animación,
ademais regalos e merenda para os disfrazados.
·
·
VENRES GASTRONÓMICOS PARA XÓVENES
·
·
SEMANA GASTRONÓMICA
Dende o 24 ata o
28 de Marzo, incluídos, a partires das 20 h. da tarde.
·
·
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
DATA: Venres 14 de Marzo
HORA: 20.30 h. en primeira
convocatoria e 21 h. en segunda
LUGAR: Centro Cultural
Vista Alegre
ORDE DO DÍA: Lectura da
acta anterior
Memoria de actividades do ano 2002
Estado
de Contas
Rogos e preguntas
Para rematares, haberá uns pinchos para
os asistentes
Tamén queremos informarche que a partires do 20 de Febreiro,
contamos cun ORDENADOR PARA SERVICIO Ó PÚBLICO con conexión a INTERNET,
para toda aquela persoa que necesite consultar calquera tema ou realizar algún
traballo. Para este servicio contamos coa colaboración do Concello de Silleda e
OFITIENDAS.
Así mesmo tamén che comunicamos que a partires de comezos do
mes de Marzo, pasaranse ó cobro os recibos da Asociación Vista Alegre
Recibide un
cordial saúdo.
A Presidenta