Bandeira a 10 de Setembro de 2002

 

 

     Apreciado-a socio-a, esperamos que durante estas vacacións o pasaras ben e veñas con novos ánimos para facer actividades neste Centro. Pasamos a informarche dos Cursiños e Actividades que imos comezar no mes de Outubro, son os seguintes:

 

·        CURSIÑO DE GAITA

·        CURSIÑO DE AEROBIC

·        CURSIÑO DE KÁRATE (Para nenos-as de 6 a 13 anos)

·        CURSIÑO DE INFORMÁTICA

·        CURSIÑO DE PINTURA

·        CURSIÑO DE TEATRO

·        CURSIÑO DE CESTERÍA

·        LÁMPARAS E VIDRIEIRAS (Tiffanis)

·        CURSIÑO DE TAI-CHI

·        CURSIÑO DE XIMNASIA TERAPEUTICA

 

     O prazo de inscrición para todos estes Cursiños, remata o vindeiro Mércores 25 de Setembro, o comenzo, será no mes de Outubro.

 

     Ditos Cursiños levaranse a cabo se existe un número de participantes axeitado, do contrario deixaranse para máis adiante.

 

     Para máis información podes dirixirte ás oficinas do Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira ou ben chamando ó Tfno: 986 58 55 50 de 16 h a 22 h da noite.

 

     Esperamos que estas actividades sexan do agrado de grandes e pequenos, polo que te esperamos para matricularte.

 

     Recibe unha forte aperta:

 

A Presidenta

 

 

 

 

Asdo: Loli Mejuto Gonález