NOTA DE PRENSA

 

 

     O Grupo Folclórico Xirandola de Bandeira, vai participar o vindeiro 12 e 13 de Outubro en Zaragoza, representando á Comunidade Galega, nos actos que se levarán a cabo con motivo da Festividade do Pilar.

 

-         -         O sábado pola mañá actuarán diante da Basílica do Pilar despois da ofrenda de flores

-         -         Pola noite intervirán nunha gala organizada pola Cadena Cope

-         -         Domingo pola mañá participarán nun desfile con tódalas Comunidades Autónomas amosando os productos típicos da nosa rexión (levarase unha representación de productos cos que se elabora o cocido galego, así como diversos postres da nosa Comarca)

 

O Grupo quere agradece-la colaboración do Concello de Silleda, Casas Comerciales e a tódolos pais dos rapaces do Grupo