XXXII EDICIÓN

19 de Agosto de 2006


Podes mirar as FOTOS da festa da empanada 2006

 

  A festa non contou con demasiados participantes debido a este tempo inestable que fixo durante o principio das festas, pero ao final, o tempo respetou a Empanada facendo unha boa temperatura e sen unha gota(parece que os ovos a Santa Crara seguen a surtir un bo efecto). Por certo, que este ano foi retransmitida en directo pola Televisión de Galicia no programa "En pé de festa" durante toda a tarde.

 

Houbo, coma sempre, moita xente que disfrutou da festa nas diferentes peñas, tanto debaixo da carballeira coma das carpas montadas para o evento. Como o ano anterior, as orquestras tocaron na rúa ao carón da festa xa que, novamente, non deixaron pechar a estrada xeral. Comezaron a tocar as 12 da noite e remataron as 6 da madrugada (é o horario que teñen para tocar o sábado) e moita xente estivo no recinto da festa ata altas horas da madrugada.

GAÑADORES

RESTAURANTES

  • 1º PREMIO: Restaurante As Burgas de Cuntis - empanada de legumbres

  • 2º PREMIO: Restaurante Europa de Chapa - empanada de salpicón

  • 3º PREMIO: Restaurante A Bombilla de A Estrada

AMAS DE CASA

  • 1º PREMIO: Mari Carmen Pillado - empanada de lomos de merluza

  • 2º PREMIO: Lola Sangiao - empanada de cigala

  • 3º PREMIO: Lola Sangiao - empanada de bacalao con pasas

ORIXINALIDADE: Mari Carmer Pillado

 

 

Cartel da festa da empanada 2006 de Bandeira

 

Xurado da festa da empanada 2006 de Bandeira

  

Concurso 2006 de empanadas

 
Premios no 2006
 

 

Unha das carpas no ano 2006

 

Na Carballeira