XXXV EDICIÓN

22 de Agosto de 2009


Podes mirar as FOTOS da festa da empanada 2009

 

  Comezamos coma sempre falando do tempo, cousa sempre importante para unha boas celebración ao aire libre. E fixo un moi bo día. Despois dun xullo chuvioso chegou agosto con bo tempo, ainda que uns días antes choveu, o que fixo temer polo sol para ese día, pero foron unhas festas do máis soleado. Coma na última edición, non houbo carpas postas pola organización aínda que si as houbo particulares (mentras non chova, todo ben) e facendo esa noite é de agradecer o estar debaixo dunha carballeira coma a que temos en Bandeira.

Como pregoeiro estivo o presentador de televisión Quique Morales que en vez de facer un pregón coma todos os anos cun monólogo, levou a xornada coma un bo mestre de ceremonias animando a festa en todo momento xa que cada pouco, durante a degustación polo xurado, animaba a xente con anécdotas, concursos, curiosidades coma ben fai no programa que participa "España directo".

Comezou o concurso sobre as 7 da tarde, estando o xurado presidido por Tito Nixon. Este ano houbo unha soa categoría e non as dúas tradicionais, as das amas de casa e dos restaurantes. Concursaron vinteseis empanadas e houbo moita variedade :aprte das típicas de bacalao, bacalao con pasas, zamburiñas, troitas ... houbo outras como maiz e bechamel criolla, touciño, acelgas con xamón e unha moi singulas como a de flanín.

Reuníronse nunhas seiscentas mesas unhas seis mil personas sentadas debaixo dos carballos e nas carpas particulares que algúns instalaron.Coma no ano anterior, na carballeira cerca do concurso congregouse a xente mais "tranquila", no espacio valeiro de árbores as carpas de algunhas peñas, e na carballeira do fondo a xuventude que coma sempre convirtiuse na máis marchosa de todas, ainda que estase a converter nun gran botellón e a verdade que o espectáculo de basura que queda depois da festa nestas mesas é deplorable. Pódese pasar ben e deixar todo decente despois. Esperamos que tomen nota estes xóvenes para as seguintes edicións. Como sempre, cada vez comézase mais tarde a comer e cerca das dez case nadie comezara a cear. Como nos últimos anos, prolongouse ata altas horas da madrugada a comida, coincidindo que as orquestas tocan dende as 12 as 6 da madrugada. Esto fixo que as 6 da madrugada a orquesta estivera chea de xóvenes en pleno "jolgorrio".  

Volveuse a cortar a estrada xeral N-525 Santiago-Ourensa ao seu paso por Bandeira para facer ahí a verbena, polo que se desviou o tráfico polas rúas habilitadas como en anos anteriores. Cortouse o venres pola tarde ata a noite do domingo ao luns despois de que retiren os trailers que usan como plataformas para as orquestras da noite. 

Unha gran festa que durou ata altas horas da madrugada

GAÑADORES

  • 1º PREMIO: Lucía Casal con empanada de gachas de Bacalao

  • 2º PREMIO: Ángeles Dávila con empanada de rape con changurro

  • 3º PREMIO:Lola Sangiao con empanada de bacalao co pasas

MELLOR PRESENTACIÓN:

  • Panadería Sigueiro con empanada de troitas

ORIXINALIDADE. 

  • Hotel Santiago Apostol con empanada de bacalao con grelos

 

Cartel da festa da empanada 2009 de Bandeira

 

Pregoeiro 2009: Quique Morales

  

Concurso 2009 de empanadas

 
Premios no 2009
 

 

Xurado