0

XXXVIX EDICIÓN DA FESTA DA EMPANADA DE BANDEIRA

17 de Agosto de 2013


Podes mirar as FOTOS da festa da empanada 2013

Outra edición máis da festa da Empanada, non che digo nada!!. Primeramente agradecer á comisión de festas (encárganse de toda a festa) que comenzou o ano pasado a súa andadura e pódese dicir case que condena, de encargarse da realización de estas festas. A comisión está composta por uns mozos e mozas de entre 20 e 29 anos que se merecen todos os eloxios posibles. Estos son:

Diego Cuiña (presidente), , Jacobo López Mejuto, Laura Fernández Carnoto, Sara Blanco Gil, Silvia Pichel Pena, Adriana González, José Luis Blanco Gil, Rubén Pichel Pena, David García Matos, Javier Varela Crespo, Andrea Díaz Casal, Francisco Fernández, Iván Vieitez, Julio Novo e María Vieitez

Tamén agradecer aos donos dos terreos a súa desinteresada participación nafesta ca cesión dos terreos onde se celebrou en diferentes anos a festa da Empanada: Silva, Juan Ramón Villaverde, Alén e Valladares (e o terreo da Gandareira nos dous primeiros anos).

Esta vez celebouse na carballeira de Alén e na finca de Valladares. Unhas decisións, que non entro a valorar, como declarar zona verde a carballeira de Silva fixeron que un terreo o prantaran e o fixeran inservible para a realización da festa. De esta maneira, a carballeira de Silva quedou aislada do resto, non facilitándose tampouco ningún camiño de conexión entre ésta e a carballeira de Alén e a finca de Valladares, polo que non se utilizou nesta ocasiónaopor ser por si sola demasiado pequena. Esta circustancia xa se dou en anos anteriores (2002, 03, 04, 05, 06), pero pensamos que xa se solucionara. Esperemos que as diverxencias sedesaparezcan polo ben da festa e de Bandeira.

O tempo acompañounos e fixo un día de sol expléndido, como estos últimos anos, nun verano cunhas temperaturas envidiables e con casi ningunha precipitación. Como ven sendo habitual, maís de 9000 persoas se xuntaron adegustas as ricas empanadas. E como sempre, a festa a reventar ata altas horas da madrugada. Un 10 para á organización. So queda como un punto negro o incivismo e falta de educación de algunha xente (sobre todo dos xóvenes que estaban debaixo da carballeira) pola cantidade de basura que deixan ciscada polo chan. Esta é unha das cousas que temos que arranxar porque parece increible como deixan todo (nas fotos pódese apreciar). ¿E realmente non lles dará vergoña nin lles importará deixar todo así?. Porque realmente se non lles importa, unha desastrosa sociedad nos espera nun futuro.

Este ano a comisión decidiu, en vista da situación económica, non facer subasta para non agravar a presión económica sobre a xente. De esta maneira a duración do evento se reduxo en tempo, xa que a subasta levábase boa parte do tempo total.

As 18:15 comezou o xurado a valorar as empanadas. Nesta edición baixaron tamén o número de empanadas presentadas (parece que a crise acecha). Entre profesionais (restaurantes, panaderías) e amas de casa houbo un total de 15 empanadas a concurso. Como sempre, comezaron a valorar a apariencia externa para logo sentarse a degustar anacos de empanada de cada unha delas e sempre baixo o máis compreto anonimato dos elaboradores das mesmas. Esa é unha cousa da que pode presumir a Festa da Empanada de Bandeira: Honradez á hora de dar os premios dende o primeiro ano, e se non que llo pregunten ao restaurante -------- de Bueu, gañador o primeiro ano (consultar a historia da empanada de Bandeira)

A presentación fixoa Carlos Cid, cusn poucos de nervios ao principio, comensanzo as 7 do serán a actuación no recinto da empanada do grupo de baile Xirandola de Bandeira. De seguido, sobre as 8 da noite, pasou o testigo a mans da pregoeira, que en este caso foi a actriz e cantante Tetá Delgado que fixo un pregón simpático dando unha volta por todas as acepcións e situacións que engloba o térmo de "empanada", dende a culinaria á mental. Rematouse coa entrega dun agasallo a Teté por parte do presidente da comisión.

Rematado o pregón falou o presidente da comisión Diego Cuiña a agradecer aos asistentes, veciños, patrocinadores e instirución a súa colaboración. E unha vez rematada a valoración do xurado, pasouse a entrega de premios e detalles ao xurado e ao presentador. Este ano houbo ademáis dos 3 para profesionais e 3 de Amas de casa o da orixinalidade e a de sabor máis tradicional.

As empanadas gañadoras foron elaboradas por:

 

E despois a cear a nosa empanada, non sen antes regala cun pouco de viño, aparte do pulpo e demáis viandas.

Para máis información no BLOG de Bandeira

 

Cartel da festa da empanada 2013 de Bandeira

 

Pregoeiro 2013: Teté Delgado

  

Concurso 2013 de empanadas

 
Xurado
 

 

Premios no 2013