0

XL EDICIÓN DA FESTA DA EMPANADA DE BANDEIRA

23 de Agosto de 2014


Podes mirar as FOTOS da festa da empanada 2014

celebramos a 40 edición da festa da Empanada, non che digo nada!! a máis grande edición, a XL. Primeramente agradecer á comisión de festas (encárganse de toda a festa) que comenzou o ano pasado a súa andadura e pódese dicir case que condena, de encargarse da realización de estas festas. A comisión está composta por uns mozos e mozas de entre 20 e 29 anos que se merecen todos os eloxios posibles. Estos son:

Diego Cuiña (presidente), , Jacobo López Mejuto, Laura Fernández Carnoto, Silvia Pichel Pena, Adriana González, José Luis Blanco Gil, Rubén Pichel Pena, David García Matos, Javier Varela Crespo, Andrea Díaz Casal, Francisco Fernández, Iván Vieitez, Julio Novo e María Vieitez

Tamén agradecer aos donos dos terreos a súa desinteresada participación nafesta ca cesión dos terreos onde se celebrou en diferentes anos a festa da Empanada: Silva, Juan Ramón Villaverde, Alén e Valladares (e o terreo da Gandareira nos dous primeiros anos).

Outra vez celebrouse na carballeira de Alén e na finca de Valladares, cousa xa habitual, pero nun terreo que é moi axeitado para a festa.

O tempo acompañounos e fixo un día de sol expléndido, como estos últimos anos. Pero durante as festas respetounos o tempo e disfrutamos duns días soleados aínda que un pouco fríos polas noites aínda que este ano con máis sorte porque este verano estivo pragado de días de choiva e desaplacibles. En agosto non houbo nin un so día de verdadeiro calor. Como ven sendo habitual,con máis peñas que nunca, maís de 10000 persoas se xuntaron a degustar as ricas empanadas. E como sempre, a festa a reventar ata altas horas da madrugada. Un 10 para á organización. So queda, e xa se repite durante todos os anos como un punto negro o incivismo e falta de educación de algunha xente (sobre todo dos xóvenes que estaban debaixo da carballeira) pola cantidade de basura que deixan ciscada polo chan. Esta é unha das cousas que temos que arranxar porque parece increible como deixan todo. ¿E realmente non lles dará vergoña nin lles importará deixar todo así?. Porque realmente se non lles importa, unha desastrosa sociedad nos espera nun futuro.

Este ano a comisión decidiu, en vista da situación económica, non facer subasta para non agravar a presión económica sobre a xente. De esta maneira a duración do evento se reduxo en tempo, xa que a subasta levábase boa parte do tempo total.

As 18:15 comezou o xurado a valorar as empanadas. Nesta edición baixaron tamén o número de empanadas presentadas (parece que a crise acecha). Entre profesionais (restaurantes, panaderías) e amas de casa houbo un total de 15 empanadas a concurso. Como sempre, comezaron a valorar a apariencia externa para logo sentarse a degustar anacos de empanada de cada unha delas e sempre baixo o máis compreto anonimato dos elaboradores das mesmas. Esa é unha cousa da que pode presumir a Festa da Empanada de Bandeira: Honradez á hora de dar os premios dende o primeiro ano, e se non que llo pregunten ao restaurante de Bueu, gañador o primeiro ano (consultar a historia da empanada de Bandeira)

 

El jurado estivo formado por Rafael, de Casa Lodeiro; Natalia Guzmán, de O Refuxio de Merza; Diego López, de La Molinera de Lalín; e Adriana Abelleiro, de Sala Gradín. Tamén formarán parte do xurado Diego Taboada, veciño de A Bandeira, que o ano pasado consiguiú ol premio nla categoría do sabor tradicional.

A presentación fixoa comensanzo as 7 do serán a actuación no recinto da empanada do grupo de baile Xirandola de Bandeira..

Este ano o pregoeiro foi Luis Zahera, estando fenomenal como sempre. Estivo falando despoís da actuación do grupo de baile Xirandola de Bandeira.

As empanadas gañadoras foron elaboradas por:

Levouse a distición á máis orixinal o restaurante Ponte Taboada, de Silleda, cunha empanada de cocido que representaba a ponte que dá nome ao establecemento. Entre as amas de casa, venceron Aida e Clara, cunha empanada de sepia con níscalos e cogomelos; a peña local Estamos Cheos foi a segunda cunha de cocido, e a de xoubas frescas de Esperanza Rodríguez terceiro, aínda que ante a súa asencia, o propio Zahera recolleu o premio. Entre os profesionais triunfou de novo a Panadería Mazas, de Cruces, cunha proposta galega ao 100% de torreznos de porco Celta con queixo de San Simón, en pan de trigo do país; Casa de Xantar A Culler, de Silleda, clasifiou en segundo posto a súa empanada de ventresca con bonito encebolado; e Bodegón Currás de Lalín foi o terceiro cunha selección de torreznos e chourizo.

E despois a cear a nosa empanada, non sen antes regala cun pouco de viño, aparte do pulpo e demáis viandas.

Para máis información no BLOG de Bandeira e o Facebook de Bandeira

 

Cartel da festa da empanada 2014 de Bandeira

 

Pregoeiro 2014: Luis Zahera

  

Concurso 2014 de empanadas

 
Xurado
 

 

Premios no 2014