0

XLI EDICIÓN DA FESTA DA EMPANADA DE BANDEIRA

22 de Agosto de 2015


Podes mirar as FOTOS da festa da empanada 2015

E despois de tantos anos, choveu na 41 edición da festa da Empanada, non che digo nada!! Nesta ocasión empezou a choversobre as 4 da tarde un pequeno orballo parando sobre as 5 e deixando celebrar o concuros e a subasta. Certo é que non se poido disfrutar da actuación do grupo Xirandola de Bandeira que sempre amenizan cos seus bailes a tarde da empanada, pero o peligro de esa coiva era grande. Os traxes teñen un gran valor e non se poden mollar. Pero aparte disto, o resto celebrouse como se tiña previsto.

Unha felicitación á comisión de festas pola súa labor que, aínda que pouco agradecida e deslucida pola choiva, con moito mérito polo ben que estaban preparadas as cousas. coma sempre, un 10 para a organización.

Tamén agradecer aos donos dos terreos a súa desinteresada participación na festa ca cesión dos terreos onde se celebrou.

E por suposto, unha adicatoria especial para Juan Salgueiro que este ano nos deixou e que, como todos sabemos, e a persoa á que lle debemos esta festa. Foi o inciador da festa e o que a impulsou durante moitos anos. Aparte da valía como organizador estába a súa valía como persoa. A súa falta vai ser moi dificil de encher.

O concurso dividiuse en profesionais e en amas de casa, que quizais debería pasar a chamarse "non profesionais" e nas dúas categoriás entregáronse 3 premios así como outro á orixinalidade. Na categoría de profesionais presentáronse 9 empanadas de gran calidade, orixinalidade e, por suposto, de variados ingredientes. En Amas de casa presentáronse 10 empanadas. As 18:15 comezou o xurado a valorar as empanadas. Como sempre, comezaron a valorar a apariencia externa para logo sentarse a degustar anacos de empanada de cada unha delas e sempre baixo o máis compreto anonimato dos elaboradores das mesmas. Esa é unha cousa da que pode presumir a Festa da Empanada de Bandeira: honradez á hora de dar os premios dende o primeiro ano.

O pregón estivo a cargo de Jose Luis Prada, dono dos restaurantes e productos de Prada a Tope de Cacabelos. Coma ben dixo, a empanada é un dos platos estrelas da súa casa e de tantos e tantos fogares. No seu caso, unha das típicas é a empanada de pataca.

Posteriormente subastáronse solo os primeiros premios de cada categoría. Costou que se animase na puxa a xente, pero José Ayude, Zipi para os amigos; encargouse de que a xente respondese como se debe e foran subindo a puxa pouco a pouco. Na categoría de Amas de casa alcanzouse a cifra de 140€ e na de restaurantes chegouse a pogar 300€.

Como ven sendo habitual,con máisde 200 peñas, cerca de 10000 persoas se xuntaron a degustar as ricas empanadas. E como sempre, a festa a reventar ata altas horas da madrugada. So queda, e xa se repite durante todos os anos como un punto negro o incivismo e falta de educación de algunha xente (sobre todo dos xóvenes que estaban debaixo da carballeira) pola cantidade de basura que deixan ciscada polo chan. Esta é unha das cousas que temos que arranxar porque parece increible como deixan todo. ¿E realmente non lles dará vergoña nin lles importará deixar todo así?. Porque realmente se non lles importa, unha desastrosa sociedad nos espera nun futuro.

As empanadas gañadoras foron elaboradas por:

Entre os profesionais -máis conservadores- triunfaron os sabores do mar. O primeiro premio levoullo unha empanada de chipirones na súa tinta de Panadería Paulino, de Rellas (Silleda); o segundo, unha de zamburiñas de Sala Gradín-Pazo de Xerliz (A Estrada); e o terceiro, outra de zamburiñas do Bar Atly (Bandeira).

Na categoría de afeccionados houbo empanadas dignas de restaurante con estrelas Michelín. Os nomes, polo menos, eran de moito nivel. Impuxéronse unha de raxo con salsa de Cabrales de Chloé, unha típica arxentina de carne agridoce e picante con uvas pasas de Estella e outra de fariña de centeo con yuca, ovos, trigo, chourizo, touciño entrefebrado e queixo do país. Hai menús completos con menos sustancia.

A do Pazo de Xerliz fixo dobrete e gañou tamén o premio absoluto ao sabor máis tradicional. A de yuca -cociñada por un veciño da Bandeira que se erixiu en profeta na súa terra- tamén acumulou dous recoñecementos: o segundo debido á súa orixinalidade. Empanadas con forma e recheo de boi ou de vaca cachena puxeron a nota curiosa no ámbito morfológico.

E despois a cear a nosa empanada, non sen antes regala cun pouco de viño, aparte do pulpo e demáis viandas.

A pena foi que sobre a 1.15 minutos da madrugada púxose a choves con bastante intesidade e fixo que moita xente recollese e se marchase. Ao rato xa parou e seguiuse ca celebración que non parara nas peñas que estaban en sitios cubertos.

A festa seguiu ata altas horas da mañán. Baste decir que as orchestras tocaron ata as 6 da mañán.

O ano que ven, máis.

Para máis información no BLOG de Bandeira e o Facebook de Bandeira

 

Cartel da festa da empanada 2015 de Bandeira

 

 

Pregoeiro 2015: Jose Luis Prada

  

 

Concurso 2015 de empanadas

 
 
Xurado
 

 

Premios no 2015