PEQUENA HISTORIA DA EMPANADA EN GALICIA

 

Visitando a  “web” adicada a empanada (la empanada gallega), podemos comprobar que alí aparecen datos sobre a historia, pero tamén de arte, recetas, romerías, e as mais afamadas panaderías galegas encargadas de darlle sabor.

Referíndonos a súa historia, non parecen existir datos precisos e concretos sobre os seus oríxenes. Os datos mais fiables datan dos séculos XII e XIII, en esculturas e ménsulas do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. Fina Casalderrey, no seu libro “Historia da Empanada” fixa os seus oríxenes nos tempos de Grecia.

O igual que na festa de Bandeira, nas esculturas catedralicias aparecen comensales deleitándose con empanadas. Da mesma época e das inmediatas posteriores existen textos culinarios que referencian a empanada como un manxar, delicioso, xá moi coñecido.

Si nos fixamos no Pórtico da Gloria, observamos que no arco dereito, está representada a empanada como castigo por pecado de gula. O pecador é castigado no inferno por non poder comer unha empanda o ter unha soga o pescozo, que lle impide traga-la. O lado, outro pecador, é tamén castigado o sufrimento por non poder saborear unha botella de bo viño, pois teñe-no boca abaixo. Hasta incluso no “El Quijote”, aparece referenciada a empanada, polo que queda asegurada naquelas épocas a gran fama, suculencia e exquisito manxar.

 

A EMPANADA DE BANDEIRA

Un pequeno grupo de amigos, aló polo ano 1974 quiso facer da Bandeira un referente da empanada galega.

Peñas, cofradías, clubes e sociedades, aceptan a parientes, amigos, foráneos ou extranxeiros, nun acto solemne de amistade e confraternidade, que se extende pola Carballeira de Silva e de Valladares”,.

Algunhos argalleiros, que nunca faltan, esperan que nesas datas os visitantes desta localidade pontevedresa, deixen na casa aquelas outras “empanadas” que por mor do amor, da política ou das finanzas, teñen cociñado nas súas vidas.

 

DECLARACION, POLA XUNTA DE GALICIA, DA “FESTA DA EMPANADA DE BANDEIRA” COMO DE INTERESE TURISTICO.

A Corporación Municipal, aceptando unánimemente a proposta do Alcalde Don Xoán Xose Salgueiro Montouto, que xá a  aceptara como Festa Oficial Gastronómica do Concello de Silleda, o ver que levaba mais de 20 anos de celebración, e xá que contaba coas características sinaladas no Decreto 203/1998, de 25 de Xuño, pola súa singularidade, por non haber outras de iguais características en Galicia e polo seu grande arraigo popular e indudable valor turístico-cultural, propuxo a Comunidade Autónoma a súa aceptación como festa recoñecida

O Concello da Xunta, na súa reunión da data 17 de Xuño de 1999, declaróuna “festa de Galicia de interese turístico”, sendo publicado tal honor no Diario Oficial os poucos días.

Hoxe, a empanada da Bandeira aparece en internet como “homenaxe dun pobo a empanada” xunto con preto de vinte mil referencias,nas que non faltan recetas chinas, xaponesas ou da propia Antártida.

 

 

Camilo José Cela na festa da empanada de Bandeira