Inicio  |  Fotos   |  Noticias  |  ">Libro de visitas  |  Foro  |  Correo  |  Como páxina de inicio

   

VOLTAR A FESTAS

FESTA DA EMPANADA

Historia

Pregoeiros

Anteriores edicións

XXVIII Edición

XXIX Edición

 

PREGOEIROS DA FESTA DA EMPANADA EN BANDEIRA

 

Os pregóns da festa da empanada son dende sempre unha das citas ineludibles desta festa. Celébrase antes de comenzar a entrega de premios e a subasta das empanadas ganadoras. É toda unha ledicia escoitar estos pregóns que ensalzan, moitas veces en tono humorístico, ese manxar gastronómico galego por excelencia que é a empanada.

Os pregoeiros ilustres comenzan no ano 1987 con Camilo José Cela que por aquel entonces non era aínda Premio Nóbel de Literatura. Ese mismo día "inaugurou" unha rúa que leva o seu nome (ainda que por problemas de tráfico non a inaugurou el senon Manuel Fraga. Volvería posteriormente a inugurala cando estaba feita na rúa do seu nome unha praza co seu busto, comentando nesta ocasión que tiña bos recordos de Bandeira por acordarse del cando aínda non tiña o premio, pois agora "todos se acordaban").

Sucedéronse pregoeiros famosos do mundo da cultura, a comunicación a da política. Así están Otero Besteiro (escultor de Lugo), Gerardo Fernández Albor, Manuel Fraga Iribarne, Xesús Palmou, Victor Manuel Vázquez Portomeñe (que sustitui a última hora ao director de Antena 3 por aquel entonces José María Lorenzo), Fernando Ónega (ca súa excepcional dialéctica), Jose María Carrascal, Pilar Cernuda María Rey, Miguel Durán ( que era director da ONCE e de Tele5), Alfredo Conde, Carlos Blanco (actor de "Mareas Vivas" e pregoeiro nos anos 2000 e 2001), Xosé Luis Barreiro Rivas ( ano 2002), e como non, o fundador (xunto a outros veciños) da festa e exalcalde de Silleda Juan Salgueiro que fixo o pregón no ano 1999 cando se cumpría o 25 aniversario da festa.

No ano 2003 fixeron o pregón as 20.30 horas as actrices de Mareas Vivas Mela Casal e Gloria Ferreiro.

No ano 2004 fixo o pregón o grupo de baile de Bandeira XIRANDOLA.

No ano 2005 fixeron o pregón o grupo radiofónicodo programa Risoterapia formado por Paco Lodeiro e Carlos Jiménez.

 

 

 

 

Camilo José Cela, Juan Salgueiro e Manuel Fraga na festa da empanada de Bandeira

 

María Rey y Rosa María