ESMORGA FOLK
XIV EDICIÓN (22-8-2003)
Fotos
- ARDENTÍA O Grupo de Música Folk-Tradicional
"ARDENTÍA" naceu en Outobro de 1990 coa intención
de profundizar no estudio da música tradicional galega e
incorporar nos concertos outros instrumentos populares menos
coñecidos,
(Trompa, Requinta, Pito, zanfona, Acordeón, Clarinete), asi
como cantos
populares. .A partires desa idea inicial Ardentía foi
evolucionando hasta
convertirse nun grupo que pretende convertir cada actuación
nunha festa
popular. Utiliza para lograr ese fin un repertorio variado,
baseado en temas
populares galegos e temas compostos polo grupo con influencias
tradicionais
galegas, e introducindo as voces como elemento significativo.
.Unha das
contribucións máis significativas da divulgación da música
tradicional que
realiza Ardentía é a dirixida ós alumnos das escolas públicas
da provincia
de Pontevedra nas que, co patrocinio da Excma. Deputación
de Pontevedra, da
a coñecer o xeito de fabricación e posibilidades sonoras de
tódolos
instrumentos tradicionais galegos. .Con tres discos no
mercado, Ardentía
recibiu multitude de eloxios tanto polo público como pola
Prensa
especializada tanto nacional (Revista Folk Na Gaits, Faro de
Vigo, Radio
Galega, Radio ECCA, Radio Barcelona...) como internacional,
que o definen
como un dos mellores grupos no eido da música tradicional de
Galicia. Tamén
ten recibido diversos premios entre os que destaca o de "Mellor
Artista
Revelación do ano 2000" outorgado pola Televisión de
Galicia na Gala Luar
2000
- TREIXADURA Máis alá da enseada de San Simón,
sobre os escoadoiros do río Alvedosa, en
Redondela, hai un vello muíño reconvertido en santuario de
viños e
manxares.Alí, no mes de xullo de 1990, catro gaiteiros
decidiron escomenzar
unha nova andaina na súa carreira musical.
Estes gaiteiros foron ANTÓN e XAN LÓPEZ,
que proviñan dun grupo de
gaiteiros chamado PASENIÑO, e XAQUÍN XESTEIRA e XABIER MARTÍNEZ,
que
remataban unha etapa na BANDA DE GAITAS DE VILANOVA DE AROUSA.
Xuntos fundaron o grupo que, máis
tarde, chamarían TREIXADURA
GAITEIROS. No ano 91 sumouse a esta idea RAMÓN VÁZQUEZ
("o Chilro") do grupo
OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA.
Logo de dous anos nos que se
perfilou a liña a seguir, decidiron
presentarse ó público o 30 de Xuño de 1992, nun concerto
celebrado no seu
lugar de ensaio, o mesmo muíño que os víu nacer como
agrupación. Dende
entón, o grupo foi rodando por diferentes vilas e cidades de
Galicia e
España, en todo tipo de eventos musicais ou culturais,
fundindo voces,
gaitas e percusións nunha variada gama de ritmos para, así,
contribuir a
manter las melodías coas que, ó longo de tanto tempo, os
nosos gaiteiros
animaron festas e romarías.
No ano 1995, PABLO NOGUEIRA substituíu a Xabier Martínez e,
un ano máis
tarde, TREIXADURA entra no mercado discográfico cun CD
titulado "Obrigado",
un traballo de recoñecemento e agradecemento ó labor feito
polos vellos
grupos de gaiteiros que nos precederon.
Cumpríase deste xeito un obxectivo que
para o grupo foi sempre unha
referencia: "Misturar temas sobradamente coñecidos da música
galega con
outros que se tenta rescatar do anonimato, para dalos a coñecer
con toda a
forza e frescura características da nosa música".
En 1998, Ramón Vázquez decidiu abandoar o grupo para
adicarse
profesionalmente á construcción de gaitas e instrumentos de
percusión
galega. Deixou un baleiro que o grupo encheu coa chegada do
acordeonista
CÉSAR LONGA.
Deste xeito quedou configurada a actual formación
de TREIXADURA
GAITEIROS.
Abríuse, así, unha nova etapa que deu como
froito un novo CD, gravado en
1999, que foi titulado "Unha Noite No Muíño".
A presentación deste traballo levou a música
de TREIXADURA ás principais
vilas e cidades de Galiza, así como a diversos países do
estranxeiro. No ano
2000, a amistade de TREIXADURA con RODRIGO ROMANÍ deu lugar
á colaboración
do grupo en "Albeida", primeiro disco do ex-membro
de MILLADOIRO. O grupo
acompañou durante ese ano ó músico galego na xira de
presentación do citado
traballo.
Froito desa experiencia foi a idea de fundir o bo gusto de
ROMANÍ co
repertorio que o grupo estaba preparando para un novo
proxecto.O resultado
final foi "Unha Noite non é Nada", último cd
editado polo grupo ata o
momento.
TREIXADURA GAITEIROS é, hoxe, un espectáculo
musical que envolve ó
público en sons e imaxes ante os que un non deixa de
sorprenderse. Valses,
muiñeiras, foliadas, pasodobles e demáis ritmos da nosa
tradición van sendo
debullados nun ambiente que tanto pode encaixar na romaría máis
popular como
na festa ou evento máis urbán.
- LEILÍA Baixo a palabra patrimonial Leilía, antigo
nome que recibían unhas determinadas coplas populares, nace
no verán do 89 unha formación de mulleres, que aposta dun
xeito pioneiro e atrevido pola recuperación das vellas raíces,
buscando a autenticidade co fin de achegala ós nosos días.
Leilía abre un camiño propio ó publicar a mediados dos 90 o
primeiro traballo discográfico chamado "Leilía" (Dismedic)
composto exclusivamente por cantos tradicionais. Nesta mostra
etnográfica as melodías evocan un tempo pasado que, aínda
que agonizante, se resiste a esvaecerse. Co paso do tempo a
idea de achegar pasado e presente levounos a provocar un xiro
na nosa traxectoria. Para Leilía a evolución foi todo un
reto, mais o feito viuse consolidado cando nos decatamos, como
moi ben dixo Suso de Toro, que sendo fillas desta terra, tamén
o somos deste tempo. Así, no ano 98 Leilía concibe "I
é verdade i é mentira" (Virgin Records), onde destaca a
producción musical de Nando Casal e Antón Seoane, membros de
Milladoiro. Aquí, o respecto pola tradición é a nosa "verdade"
e as novas incorporacións: polifonías, instrumentos, ... son
as pequenas "mentiras" que axudan ó noso cometido.
Con este novo paso foron moitas as persoas que se achegaron a
un mundo que antes descoñecían, dando así vida ó pasado a
través do presente. Este feito é o que nos dá enerxía para
seguir polo noso camiño. Neste momento estamos involucradas
nun novo proxecto titulado: MADAMA. A aposta actual pasa por
crear letras adaptadas ás melodías tradicionais, que falen
dos nosos tempos, das nosas vidas, ... De novo é unha aposta
pioneira e atrevida, xa que non se estanca, senón que
evoluciona somerxéndonos en novos campos, nos que nos
resultaría difícil adentrarnos se non fora polas mans
amigas, que están sempre dispostas a axudarnos. Así,
contamos entre os nosos colaboradores con: Suso de Toro, que
adorna coa súa regalía de palabras as nosas melodías. Este
destacado escritor, confesounos que cando nos escoitara por
primeira vez descubrira en nós ás "Voces Segredas"
do "Canto Galego"... Xesús Carballido, que coas súas
prestixiosas obras dá carácter e peso á portada e ó
libreto do disco .. Deste grande artista hónranos dicir, que
dende o principio nos alentou a seguir no noso camiño, vendo
antes que ninguén o que a nosa labor de recuperación e
difusión suporía para a cultura de raíz ...
Este ano e a terceira edicion do esmorga que estan estas
maravillosas pandereiteiras, desta maneira converten a Bandeira
como un sitio clave para realizar os concertos dos seus novos
discos.
- A MATRACA PERVERSA Este é un grupo de msica
fusion que nace na Estrada sobre no 2002. Son sobre sete ou
oito musicos( depende da variacion dos instrumentos) que ca
sua arte de compaxiñar os instrumentos de vento ca percusion
e cos instrumentos electronicos fan que a sua musica non te
deixe ficar parado un segundo. Grabaron unha maqueta e
saeu a venta en agosto do 2003, con sete temas. Algun musico
forma parte da Banda de musica recreativa e cultural da
Bandeira, sendo todos los musicos de vento menbros antigamente
destadebandita banda.
Pódese decir que son o grupo revelacion do ano 2003 da musica
de fusion, cas suas letras sempre en galego e defensoras da
cultura da galiza. Os seus menbros estiveron anteriormente en
outros grupos galegos con discos grabados, coma XENREIRA, ou
NENOS DA REVOLTA, dando concertos con estes grupos por todo o
panorama galego e tamen nos paises catalans, polo que xa
contan con unha ampla experiencia no panorama musical e con
varios concertos nos seus lombos.
Este ano estaran con nosco no esmorga como grupo de musica
fusion
|
|
|