ESMORGA FOLK
XVII EDICIÓN (19-8-2005)
Ir
a Fotos de ESMORGA 2005
O
colectivo de música tradicional RUOTE nace no ano 1996 partindo
da base dun grupo de recolleita etnográfica que leva traballando
dende 1991.
O
obxectivo de Ruote é a interpretación fiel das melodías e músicas
e por iso trata de amosalos tal cal os aprenderon dos seus
informantes. Leva actuando en máis diversos escenarios como
festivais de música folk e tradicional, festivais benéficos,
concertos didácticos, actuacións en pubs, en distintos medios de
comunicación como radio e televisión, etc. Realizou unha viaxe a
escocia en 1998 onde gravou o seu primeiro traballo en directo
“RUOTE EN EDIMBURGO”. Regresou en 1999 para realizar varias
actuacións organizadas polo consulado xeral de España en
Edimburgo e en Glasgow.
No
2004 gravaron unha colaboración no último disco de Susana
Seivane “Mares de tempo” con un tema cantado que lles valeu
para acompañala no escenario no concerto que deu a gaiteira no
festival do mundo celta de Ortigueira.
Serra-lhe
aí!!! Enxéndrase alá polo ano 1998 cunha vocación tan complexa
como agradecida: facer festa. A música é o medio que nos permite
transmitir emocións ou invocar recordos de tempos pasados. E
precisamente este é o fin que perseguimos no directo. Introducir
ao público nunha viaxe polos sentidos e tamén, como non, polas
verbenas nas que todos participamos coa mesma ansia: bailar e
gozar compartindo soños.
Cheb
Balowske comezaron a tocar polo ano 2000 cando realizaron súas
primeira actuacións serias polos arredores de Barcelona.
No
2001 gravan o seu primeiro disco “BARTZELONA” que foi
producido por Íñigo Muguruza; as primeiras presentación do
disco foron no festival “Altaveu frontera de Sant Boi e Mercat
de la música viva de Vic”, ambos en Barcelona.
A
xira do seu segundo disco POTINER incluíu arredor de 150 actuacións
por toda Europa. Agora acaban de sacar a seu terceiro traballo
discográfico PLOU PLOM (musiqueta que enamora). Están a realizar
unha xira mundial (Marrocos, Arxelia, Finlandia, Holanda, Xordania
...) e como único concerto en Galiza estarán este ano en Esmorga
Folk.
Este
grupo naceu na praza do Trippi en Barcelona. A primeira formación
deste grupo nace na Arxentina (na costa atlántica) co nome de
CORRECAMINOS.
No
2003 sae a luz o seu primeiro traballo discográfico TRIPPI TOWM.
A RAIZ DESTO Che Sudaka comeza unha xira polo estado español e
tamén por Francia, Bélxica, Italia, etc. Co seu segundo traballo
ALERTA BIHOTZA (alerta corazón, en euskera). Empezan unha xira
europea.
Che
Sudaka ven ao Esmorga presentar o seu segundo traballo, ca forza
que desprenden nos seus directos poñeralle os pelos de punta a máis
dun.
Repite
este ano no Esmorga este grupo de música galega, que fan o que se
lle pode chamar “pachanga da nosa terra”, lembrando as
verbenas das primeiras orquestras con ritmos tropicais como podían
facer os Tamara, Andrés do Barro, etc.
Este
grupo nace na Estrada arredor do 2002, sendo os seus fundadores
xente que aprendeu a tocar na escola da Banda de música de
Bandeira e tocan na devandita banda. A Matraca Perversa é unha
mestura de xente da Estrada, de Compostela e de Bandeira e sacan o
seu primeiro CD “MASS –CIRCUS- MASS MEDIA” ca axuda da
produtora Projecto Global, co cal conseguen facerse soar por todo
o panorama musical e festeiro de Galiza.
Este
ano volven ao Esmorga presentando o seu segundo CD “ EVOLUCIÓN@RIOS”
, un disco autoproducido.
|