XUNTANZA EN BANDEIRA

27 de maio do 2006

 

 

O 27 de maio celebrouse unha xuntanza en Bandeira cun xantar e despois unha verbena á noite  na carballeira. Tíñase previsto unha carpa por se o tempo non nos acompañaba, pero fixo un día dos bos de agosto. Estivo a organización sopesando os avances do tempo na televisión, internet na entrega de ovos a Santa Clara ... ¡Todo un acerto o facela sen carpa!. Tivemos un sol espléndido, polo que o disfrute debaixo dos carballos foi máximo., e só o grupo orquestral estivo debaixo dunha pequena carpa para preservar o equipo musical.

A xornada discurriu cunha gradual chegada da xente ao pobo e xuntándose polos bares tomando uns viños. Foi o reencontro de moita xente que había tempo non se vía (anos). Chegada a hora de xantar, a xente foise achegando á carballeira e seguindo cos reencontros comezamos a xantar en torno ás 3 da tarde.

A comida ¡¡¡espléndida!!! con polbo e carne ao caldeiro, despois tivemos uns postres e todo foi abundante e ben preparado.

Durante o xantar tivemos música de fondo e despois dunha comida que deixou moi contento a todo o mundo pasamos ao karaoke que tiñamos previsto para a ocasión. Cun ordenador, unha mesa de mezclas cos seus altofalantes e micros e un retroproyector cunha pantalla sobre a que se proxectaban as letras ¡¡¡pasámolo todos moi ben!!!. Cun repertorio de máis de 1000 cancións entre castelán e inglés, todos os que quixeron participaron, sorprendéndonos moitos deles. A xente animouse deseguido a cantar, e todo o mundo disfrutou ademais de pasar un rato simpático.

Xa cara a noite empezou o dúo que tiñamos para o evento. Animou moito e pasouse fenomenal.

E sobre as 2 rematou a festa. Esperando que a próxima edición sexa polo menos coma esta, e que os catro anos de separación ata a seguinte celebración delle á xente ganas para volver a xuntarse, que haxa aínda máis asistentes e que o pasemos aínda millor que nesta edición, verémonos no 2010.