II XUNTANZA EN BANDEIRA

26 de maio do 2018

Amigos de Bandeira:

O vindeiro sábado 26 de maio do 2018 celebrarase a II Xuntanza de amigos de Bandeira. O evento celebrarase na carballeira de Silva se o tempo o permite (senon será no pavillón). Xa pasaron 12 anos dende a última xuntanza e xa vai sendo horas, pese a que se intentou facer unha segunda xuntanza no ano 2010.

Aínda estase na fase do que haberá de menú e as actividades, pero non dubidedes que o imos a pasar moi ben. Non faltará a comida, a bebida, o karaoke e a música.

Xa se porá unha conta dus banco para ingresar os cartos. Darase un prazo e serase ríxido. polo que ídevos anotando con tempo.

Saúdos da Comisión da Xuntanza