XUNTANZA EN BANDEIRA

 

Falando con uns, falando con outros, a Suso Brey (fillo) un bo día ocurríuselle que porque non xuntábamos a todo esa xente que veu algunha vez a Bandeira e que facía tanto que non veiamos. ¿que sería deles?, ¿Por qué non reunirnos todos un día nun xantar?. E así, un grupo de xente púxose en marcha para organizar unha gran xuntanza de toda a xente que tivera algo que ver con Bandeira.

De seguida pensouse en que había que organizar un xantar e despois unha verbena a noite. Debería ser na carballeira, pero nunha carpa porque non podemos esquecer que estamos en Galiza. Incluso pensouse que sempre queda o pavillón de deportes por si as inclemencias do tempo fixesen esto inviable.

E ¿cando facela? pois sería o sábado do último fin de semana de maio (no 2006 será o 27 de maio). Tería que ser unha comida que perdurase no tempo e na que todos disfrutasen. Desta maneira, debería ser cada tres ou cinco anos para que todo o mundo tivese realmante ganas de facer esta xuntanaza e que a comida fose sinxela de facer ou encargar, polo que decidiuse que podía ser a primeira xuntanza a base de polbo, carne ao caldeiro ou empanada.

Montarase un bar para as bebidas da tarde e da noite (pola comisión de festas de Bandeira) e pola noite unha verbena con música.

E para que nada quedase descolgado tamén pensouse en facer algunhas actividades para a tarde, así como un Karaoke onde poideran facer os seus pinitos cantando os asistentes.

Tamén durante o xantar e pola tarde pensouse proxectar nunha pantalla fotos e videos antigos de o pobo e a xente.

E, por suposto, facer todo esto a uns precios asequibles (non superar os 30 €) incluindo o xantar e un agasallo de recordo.

E para a xente que ven de fora, falarase cos hoteis de Bandeira para que fagan uns precios o mais axeitados posibles.

Para iso, a xente deberá ir apuntándose nuns teléfonos e na páxina Web de Bandeira (que como sabedes e www.bandeira.org). Habilitarase unha conta bancaria para que todo o mundo poida ingresar o diñeiro dende calquer sitio e, cun límite de prazo máximo dun mes antes, para que se poida saber con tempo suficiente os asistentes que van asistir e sexa posible organizar este evento o mellor posible.

ANO 2006

O teléfono de contacto é o da vinoteca Cadeira de Bandeira, o 986 585362 (horario de 13 a 15 horas e de 19 en adiante) e no bar Arume  co 986 585665 (de 11 horas en adiante). De todas maneiras é imprescindible pagar no banco antes do 1 de maio para inscribirse, pois no é suficiente so con anotarse.

O prezo será de 30€ por persoa.

O número de conta para efectuar o pagamento no ano 2006 é a de Caixanova de Bandeira:

 2080/0013/89/0000104276

Tamén se habilitaron unhas venta de entradas no bar Arume e a vinoteca Cadeira

No recibo do ingreso debe aparecer OBLIGATORIAMENTE :

  • XUNTANZA 2006

  • NOME DO INTERESADO

Aínda que a data límite para facer o ingreso dos cartos no banco (e sendo A ÚNICA FORMA VÁLIDA PARA ANOTARSE) era o día 1 DE MAIO (o apuntarse sin pagamento non é suficiente), prorrogouse ata o 15 de maio debido a que moita xente non estaba enterada que había que pagar con antelación . Debe qedar claro que despois desta data XA NON É POSIBLE APUNTARSE (por razóns de organización).

A hora de comenzo do xantar serán as 14:30 horas do día 27 de maio de 2006 e é imprescindible levar o xustificante do ingreso ao xantar.

Exporase unha lista nesta páxina e nos sitios de contacto actualizada semanalmente onde estrán toda a xente que xa fixera o pagamento no banco.

O correo da páxina serve para contactar (contacto@bandeira.org)

 

 

 

Camilo José Cela na festa da empanada de Bandeira

Concurso de empanadas

 

 

Unha das carpas no ano 2003

 

Unha das orquestas pola noite do sábado no ano 2003

 

Unha das actuacións de Esmorga Folk 2003

 

Visitaron esta páxina dende o 22/01/06