FESTAS
DE VERAN DE BANDEIRA
As festas de verán
en Bandeira son todo un acontecemento. Celébranse en honor a San Antonio e
a Virxe das Ermitas no penúltimo fin de semana de agosto. Nela
tamén se festexa:
-
O xoves o
festival "Bandeirock"
-
O venres o
festival "Esmorga Folk" (antes era o
sábado) e agora tamén a Festa da Empanadilla
-
O sábado (antes
era o venres) a "Festa da Empanada"
Estos eventos xunto
cas súas verbenas na estrada xeral (córtase a N-525 ao
seu paso por Bandeira, facendo un desvío polo centro do pobo)
por afamadas orquestras nacionais e extranxeiras, así como cos
pasacalles e concertos de Bandas de Música prestixiosas e o
baile rexional por diversos grupos e outras diversas actividades fan de Bandeira unha cita
para quen quera pasar un inesquecibles días.
Polo tanto, pódese
participar dunha comida nunha carballeira (no ano 2003 había
máis de 7500 persoas apuntadas), asistir a concertos de rock e
de música folk, disfrutar de concertos de bandas de
música, asistir a actuacións de baile rexional ou ir
bailar pola noite ata altas horas
Certamente, toda
persoa que pasa por estas festas repite en canto pode.
|