Festas de Bandeira
Bandeira ten diversas festas ó longo do ano, así como unhas FEIRAS os días 14 e 29 de cada mes (estas últimas, ó contrario que as
festas, fai unhos anos véñense a menos). Dentre elas, destaca a FESTA DA EMPANADA que está declarada de interés turístico e vense celebrendo dende o ano
1974, así como o festival de música celta ESMORGA
FOLK.
Tamén está o ENTROIDO co singular "Alto dos Xerais", característico de toda a zona do Ulla, onde dous exércitos (un do pobo e outro de fóra) loitan verbalmaente pola plaza militar.
Tambien existe na festa do verán o ENCERRO DAS VAQUILLAS, ca correspondente comida das vaquillas na que todolos xóvenes e non tan xóvenes participan.
Celebra o pobo, e en especial os camioneiros, a festa de SAN
CRISTOBO no primeiro fin de semán de Xullo. Bendícense os
coches e camións despois da misa nunha procesión, un
xantar e unha verbena.
En Xaneiro celébrase en Manduas a festa en honor a San Tirso.
No último fin de semana de maio celébrase cada 4 anos unha
XUNTANAZA de toda a
xente que tivo algo que ver con Bandeira e a súas xentes. Nela
hai unha comida e a noite unha verbena. A primeira celebrouse no
ano 2006.
Así temos: |