José Vales, un tenor de Bandeira
El
tenor Gallego José Vales obtiene en Madrid un sonado éxito.
Baixo este título aparece publicado o 10 de xaneiro de 1928 no xornal Céltiga
en Bos Aires, o triunfo en Madrid do tenor D. José Vales natural da parroquia
de Mánduas coa interpretación de “Lohengrin” de Wagner.
Nin que dicir ten que as terras de Trasdeza escoitaron os primeiros latexares de
protagonistas de proxección internacional tan importantes e de tan variadas
artes. Nas letras atopamos a Ramón de Valenzuela Otero, na pintura a Colmeiro
na política Alonso Ríos e na música a José Vales.
D. José Vales, naceu co século XX, sen poder precisar a data, no lugar de
Vilaverde parroquia de Manduas. Seus pais procedían das terras da Arzúa. Sendo
un meniño, como moitos outros rapaces galegos, ten que se ir a terras
americanas na procura dun novo e mellor porvir.
José Vales formase musicalmente en Bos Aires, na escola de canto e danza da
capital Arxentina, como tenor. Participa activamente nas festas tan concorridas
organizadas polas Sociedades Galegas en Bos Aires, principalmente nas veladas da
Sociedad Pro Escuelas de Bandeira.
En 1924 percorre parte de Sudamérica. Acada
os maiores eloxios e aplausos da crítica Chilena. Continúa polos camiños de
Brasil, Uruguay....
En 1928 chega a Europa representando o Lohengrin do alemán Wagner.
“Lohengrin” é unha ópera romántica.
Esta obra, está dividida en tres actos e o último deles formado por dous
cadros. Esta ópera, unha das mais fermosas e completas do compositor alemán
foi estreada en Weimar o 28 de agosto de 1850. Lohengrin foi ata os anos trinta
a ópera mais popular de Wagner. A finura do romance conxuntamente coa claridade
da súa música acadou de seguido o afecto dos públicos de fala alemana.
Poderíase dicir, seica Ángel Fernando Mayo, que o intre de maior calidade
musical e poética da obra é o preludio do primeiro acto cando catro violíns
solistas anuncian na ópera a aparición duna manifestación luminosa precedendo
o incremento en intensidade coas incorporacións sucesivas do conxunto de cordas,
madeiras e metais da orquestra.
Esta ópera traducida ó italiano, farase menos difícil para a mentalidade
latina; proba delo é o éxito acadado por D.José Vales en Italia representando
o Lohengrin ó igual que o 6 de decembro de 1928 e Madrid.
Os xornais arxentinos advirten das ventás da súa voz, maila finura
da mobilidade no escenario. Estas dotes, fan que plumas tan importantes
como Joaquín Turina no xornal madrileño El Debate, publique: El tenor José
Vales es un muchacho gallego que seruramente hará una brillantísima carrera.
Su voz es de un timbre tan puro y tan cálida, que es una delicia oírle; anoche
cantó Lohengrin por primera vez, y , aunque sin encontrar los mil detalles y
las callejuelas de los veteranos, fue tan ingenio y tan sincero, que desde el
primer momento conquistó las impatías del público
Outro xornal madrileño dicía: José Vales, tenor español, que debuta, fue un
lohengrin aortunadísimo. De voz espléndida por su timbre varonil y por su
excelente calidad, acertó a dar con el matiz interpretativo justo y adecuado,
del caballero del Santo Graal, manteniéndose en los límites más encomiásticos
como cantante ponderadísimo y discreto actor. Cantante sincero, se ofrece en
toda su cuantía, sin que un detalle de mal gusto ni la más leve licencia empañe
el conjunto de su afortunada intervención. Su presentación produjo una gran
impresión que se tradujo en muy efusivos aplausos.
Como todo bo artista de obra e de espírito, achegouse ó lugar onde nacera e
onde viviran seus pais, acompañado
por numerosas personalidades do pobo, entre eles José Villares Lamela. Por tan
bo recibimento, agasallou os
residentes de Bandeira cun pequeno concerto na casa de Villares.
|