| 
             
            
            A FOLLA REVIRADA 
            
            
            (fotos da folla revirada)   
            
            
                     Eran os anos setenta, concretamente 1973, cando a 
            D. José 
            Espiño Mato, cura de Bandeira, se lle ocurreu unha idea novedosa e 
            brillante. 
            
            
            Tódolos días vía ós rapaces que xogabamos, andabamos en bicicleta, 
            pelexabamos e facíamo-lo típico nun pobo en donde non había un lugar 
            donde reunirse, nin campo de fútbol, nin casa da cultura, nin 
            polideportivo, nin piscina, cousa que agora, gracias a Dios, temos 
            neste pobo. 
            
            
            Pois ben, D. José, que é un home moi sabio e intelixente, púxose a 
            devana-lo seu cerebro e a pensar en como podía ter estes rapaces 
            entretidos, que non se desmadraran e que de vez en cando lle fosen á 
            misa e telos dentro do seu rebaño, como fai todo bo pastor. 
             
            
            
            Gracias ós seus coñecemetos musicais adquiridos na súa carreira de 
            Sacerdote no Seminario de Lugo, xurdiulle a idea de enseñarnos a 
            toca-la gaita, instrumento típico e representativo da nosa Galicia. 
            Espúxonos a idea a uns cuantos rapaces e estes aceptamos con gran 
            ledicia.  
            
              
            
            
                     Os primeiros discípulos do mestre 
            D. José fomos Gonzalo 
            Otero Lado, apodado Patelo, Remigio Diéguez Taboada, coñecido como 
            Tatá, e Alfredo López Mosquera, o que relata, sen apodo coñecido. 
            Todos estes aprendermos a toca-la gaita. Para a percusión foron 
            seleccionados Martín Otero Lado chamado familiarmente Coco e José 
            López Calveiro coñecido no mundo enteiro como J.J. 
            
              
            
            
                     Pois ben, estes cinco persoeiros fomos os elexidos pola man 
            de D. José para formar o Grupo de Gaitas, que máis tarde se 
            denominaría “A FOLLA REVIRADA”. 
            
              
            
            
                     Os ensaios foron árduos e duros, todos eramos principiantes 
            e na nosa vida tocaramos instrumento algún, ademais tiñamos outra 
            cousa en contra xa que o tempo apremiaba. O Grupo tiña que face-la 
            súa presentación na 1ª Festa da Empanada que se celebraría no mes de 
            Agosto de 1974. 
            
            Os 
            ensaios faciamolos no salón parroquial baixo a atenta mirada do noso 
            mestre. Equivocabamonos moitas veces, pero de novo volviamos a 
            empezar ata chegar a domina-las muiñeiras, xotas e pasodobres que 
            pouco a pouco ían saindo dos nosos punteiros. Recoñezo que os 
            primeiros días de ensaio, aquelo parecía unha furia de bruidos e 
            sons de animais malferidos que se metían nos nosos oidos e 
            produciannos desgarros acústicos. Pero pouco a pouco e con moita 
            paciencia por parte de alumnos e mestre, a cousa foi progresando 
            adecuadamente e as pezas empezaban a soar ó que realmente eran, 
            xotas, muiñeiras e pasodobres.  
            
              
            
            
                     Creo recordar que a nosa primeira obra que aprendemos foi a 
            “Muiñeira dos Buxos” xa que pola súa sinxela execución, caíanos ben 
            ós nosos dedos de aprendiz. 
            
            
                      
            
            
                     A nosa ilusión era inmensa e estabamos esperando que 
            chegara o día para face-la nosa presentación en público. 
            
            Os 
            primeiros instrumentos prestounolos D. José, e con eles foi cos que 
            aprendemos a da-las primeiras notas. Maís tarde cada un comprou a 
            súa propia gaita, as primeiras foron feitas polo artesan de Riobó 
            chamado García. A comisión de festas propuxonos un trato, eles 
            pagariannos os traxes de gaiteiro se nós nos comprometiamos a tocar 
            gratis nas festas de Bandeira, ó cal nós aceptamos gustosamente. Alá 
            nos fomos a Santiago no SEAT 1500 de J.J. a toma-las medidas dos 
            traxes xunto un sastre que era coxo que cantaba nunha coral de 
            Santiago. Volvemos varias veces para face-las probas pertinentes ata 
            que por fin os traxes estaban rematados. Que alegría para o noso 
            corpo vernos empaquetados naquelas telas tan coloridas, eso si que 
            molaba. 
            
              
            
            
                     Os ensaios continuaban a gran velocidade xa que o día 
            estaba chegando. Tocabamos unha e volviamola a tocar ata que salise 
            perfecta, afinábamos, á nosa maneira, os punteiros e os roncos 
            varias veces durante os ensaios ata conseguir a sonoridade perfecta. 
            
              
            
            
                     Por fin chega o gran día, xa non durmimos de noite coa 
            ilusión, xuntamonos todos para dar o noso primeiro pasarrúas, os 
            nervios afloraban,  cando comezamos, a xente aplaudianos e 
            felicitabanos, que orgullo, que alegría tan grande para os nosos 
            corpos, sentiamonos os protagonistas das festas. 
            
            
            Chegou a tarde e con ela a celebración da 1ª Festa da Empanada, coa 
            cal nós pasamos a formar parte desta celebración. A romaría era na 
            carballeira de Quinteiro e o noso esceario un carro aparcado no 
            centro da festa. A xente chegaba con empanadas, viño e outras 
            viandas, a festa comezaba. Os membros da Comisión invitaronnos a 
            subir ó esceario e nós comezamo-la nosa actuación. A adrenalina 
            saíanos polos ollos, rodeados de centos de persoas e nós na cima dun 
            carro intentando tocar o mellor posible. A xente do noso pobo 
            aplaudía, vitoreábanos, parecía que tolearan coa nosa actuación. Nós 
            non cabiamos dentro do traxe, foi un dos días máis felices da nosa 
            vida, pareciamos os Beattles nunca das súas actuacións, sentiamonos 
            importantes. 
            
            
            Non tocabamos seguido, de vez en cando tomabamos un respiro e 
            mesturabamonos co resto da xente. Estes invitabannos e nos comiamos 
            e bebiamos, e volta a actuar. Outro descanso para comer e beber, e 
            así sucesivamente ata que algún dos nosos integrantes acabou como 
            unha verdadeira esponxa. 
            
              
            
            
                     Pasadas as festas e visto o éxito obtido polo noso Grupo, 
            foise agregando xente nova ós ensaios, que seguíanse facendo no 
            Salón Parroquial e baixo a Dirección de D. José. Entre as novas 
            incorporacións podemos destaca-los seguintes: Jesús Mª Alén Seoane (Susete), 
            Carlos Oliveira Diéguez, Alvaro Abollo Peiteado (Coquis),  Manuel 
            Fernández Alén (Vicero) persoeiro que destacaría, ademais de posuir 
            grandes dotes musicais, polo uso dun vocabulario exquisito, Alberto 
            Maceira Balboa, Juan Carlos Fernández Andón (Mudito), Roberto López 
            Mosquera, José Manuel Diéguez Brey (Memel), Javier López Caramés e 
            Antonio Brey Taboada. E xa máis tarde tamén se incorporaron os 
            irmáns Casal, José Casal Creo e Moncho Casal Creo, así como Venancio 
            Pérez Ferreira ó igual que Manuel Novo Buján.  
            
            Os 
            alumnos que se incorporaron eran máis nenos e o Cura faciaselle máis 
            costa arriba o aprendizaxe, pero coa nosa “colaboración” foille un 
            pouco máis levadeira a misión.  
            
              
            
            
                     Gracias á incorporación de novos membros ó Grupo, o noso 
            Director puido subdividir este, en Grupos máis pequenos e actuar no 
            Santiaguiño do Monte de Padrón con varias escuadras. 
            
              
            
            
                     Pouco a pouco, por motivos de traballo, incorporación ó 
            servicio militar ou cuestións persoais, foron deixando o Grupo: 
            Patelo, Coco, J.J. e por último Tatá que naqueles intres emigrou 
            para Venezuela. Asi que dos cinco que iniciamos o Grupo sólo 
            continuaba eu en compañía dos novos fichaxes. 
            
              
            
            
                     Ó Grupo de gaitas uneuselle un grupo de baile liderado por 
            Olga González Peleteiro, o cal estaba dividido en varias seccións 
            dependendo da idade das bailarinas. 
            
              
            
            
                     Tamén incorporamos unha sección de canto relixioso que 
            gracias ós contactos eclesiasticos de D. José, aportounos varias 
            actuacións en distintos puntos xeográficos da Comunidade Autónoma, 
            como tamén nos causou algún que outro disgusto gracias ó “exquisito 
            vocabulario” empregado por algún dos compoñentes do Grupo durante os 
            xantares  que a curia celebraba despois dos actos litúrxicos e ós 
            cales estabamos invitados. 
            
              
            
            
                     As nosas actuacións proliferaban por distintos puntos das 
            catro provincias da Rexión. Os actos eran diversos, bodas, festas, 
            inauguracións, concursos, festivais, do que temos que destaca-lo de 
            Ortigueira no ano 198___ no que fomos invitados a representar a 
            Galicia neste tan importante evento. Nel participamos-los seguintes 
            componentes: José e Moncho Casal, Vicero, Alfredo, Aleberto, Roberto 
            e Mudito. Para este Grupo, penso que foi a actuación máis importante 
            da nosa carreira musical, xa que foi toda unha honra representar á 
            nosa Comunidade no medio de tantos artistas extranxeiros de gran 
            renome. 
            
              
            
            
                     O TRANSPORTE: Cando os desprazamentos eran lonxe e o número 
            de actuantes, era elevado, soliamos contratar un ómnibus á Empresa 
            Cuiña de Bandeira ou Trabazo de Silleda, pero polo xeral, para as 
            actuacións do Grupo de gaiteiros solos, solian vir buscarnos os 
            organizadores da festa. 
            
            
            Cando Tata e eu cumprimo-la maioría de idade, xa nos desprazabamos 
            nos nosos coches (un SEAT 124 e un SEAT 850) nos que pasamos 
            verdadeiras aventuras. Máis tarde, ó que emigrou Tata, pouco tardou 
            José Casal en saca-lo permiso de conducir e incorporamos ó 
            transporte un SEAT 127. Como anécdota podo contar, que ó rematares 
            unha actuación que fixeramos na parroquia de Sete Igrexas (Monterroso) 
            ó non haber ningnha pensión donde poder pasa-la noite e xa que ó día 
            seguinte tiñamos que actuar de novo no mesmo lugar, vímonos na 
            obriga de pernoctar dentro dos nosos coches, polo tanto 
            repartímosnos, cinco dormimos no 850, sen asientos abatibles, 
            Roberto, que era o máis pequeno, durmeu na bandexa de atrás que era 
            xusto debaixo da luna traseira e os outros catro dormimos cada un no 
            seu asiento pero sen poder reclinalo, o resto da Agrupación pasou a 
            noite no 127. Non cabe decir que ó día seguinte case que non nos 
            dabamos movido, pero ainda eramos nenos e resistimos. 
            
              
            
              
            
              
            
              
            
            
            ¡CONTINUARÁ .  .  . 
            ¡ 
             |