FORTIN
DA POMBA
Fortín
da
Pomba é un
grupo
de recente creación,
formado
na súa maioría por nenos,
nenas e
xoves de Bandeira e parroquias
derredor.
Fai
a súa presentación
oficial
nas festas de verán
de
Bandeira en
Agosto
do 1999. Dende aquela ten
participado
en
tres ocasións
na TVG, así
como
en
distintas
celebracións que tiveron lugar no Concello de Silleda, como Festas Parroquiais,
Día
da
Música, Romaría do Rapaz, etc., do mesmo xeito, estivemos por dous anos
consecutivos nos encontros de Música Tradicional de Silleda.
Pero
sen
dúbida algunha, o gran
logro
deste colectivo foi a creación
do
Concurso de Baile Tradicional Galego, que ten
por
nome AZALOIRA. A primeira edición
celebrouse
o día
15
de Abril de 2001, e a segunda o día
30
de Marzo
de
2002. É un
concurso
de gran
prestixio
dado a categoría
dos
grupos que participan
nel,
como son:
Cantigas
e Agarimos, O Fiadeiro, Churía, Sta. María
de
Torás, A Subela, A Ponte Vella... Este concurso creouse coa
colaboración da
Concellería de Cultura do Concello de Silleda, e terá continuidade en
anos
vindeiros. Dende aquí
dámolas
Gracias
a
tódolos que fixeron posible
este
evento.
Fortín
da
Pomba conta con
tres seccións
segundo a idade dos seus compoñentes. Está dirixido polo mestre Carlos Xosé
Vidal, director tamén de Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela,
quen
imparte
as
clases
de
baile e pandeireta.
O
grupo de acompañamento ten
como
mestre a Alberto Docampo máis coñecido por Warren.
Este
grupo presidido por Josefa
Ferreiro,
está sempre disposto á divulgación
e
conservación
do
noso acervo cultural, tanto dende o punto
de
vista musical coma do baile, tentando ser o máis rigoroso
posible na
representación
deste
legado astístico dos nosos devanceiros.
|