Ao forno accedíase polo exterior, por unha porta que comunicaba (o que agora son os aseos) ca parte de atrás, un patio que daba acceso ao obradoiro de panadería no que estaba a trampilla pola que se metía o pan no forno.
Nas reformas efectuadas neste local xa como Vinoteca Cadeira fíxose un acceso na parte dereita do local abrindo unha porta directamente ao interior do forno (pódese ver a trampilla pola que se introducía o pan ao interior do forno), onde se dispón unha mesa circular e unhas sillas na que se pode disfrutar duns bos caldos e unha ampla variedade de manxares gastronómicos nun espazo incomparable, nada menos que dentro dun forno panadeiro tradicional