Inicio  |  Fotos   |  Noticias  |  ">Libro de visitas  |  Foro  |  Correo  |  Como páxina de inicio

 

 

BANDEIRA

COMARCA

XENTE E GRUPOS

A Folla Revirada

Banda de música

Xirandola

Fortín da Pomba

Ramón de Valenzuela

Manuel Dopazo

José Vales

AXENDA

VARIOS

 

 

MIGUEL RODRÍGUEZ BARRIO

Nace en Merza en 1974 no seo de unha familia de músicos. Comeza os seus estudos musicais na escola de música da Banda Artística de Merza da man de D. Ramón Guzmán e D. Santiago Neva Curtido coma mestre de tuba.

Os 16 anos trasladase a Santiago de Compostela para iniciar a os estudos de solfexo e tuba no conservatorio de esta cidade, recibindo clases simultaneamente de D. Carlos Seráns Olveira (tuba da banda municipal compostelán), logo de rematar os estudios en santiago trasládase a Madrid por un período de 2 anos nos que estuda con D. Miguel Navarro Carbonell (tuba solista da Orquesta Nacional de España).

Foi profesor nos seguintes centros:

Escola de Música de Silleda

Escola de Música de Bandeira

Escola de Música de Merza

Escola de Música da Union Musical de Ponteledesma

Escola de Música de Vila de Cruces

Escola de Música de Sober

E fundador dos cursiños de vento realizados en Bandeira durante 5 anos, fundador do festival de metais de Galicia.

Foi membro activo de distintas agrupacións, entre as que destacamos: Banda municipal de Santiago, Banda Sinfónica de Galicia, Xoven Orquestra de Galicia, quinteto Campos e quinteto Santa Cecilia, banda sinfónica das Rías Altas, Banda do Deza, Orquestra da Comunidade Galega e Orquestra sinfónica de Galicia, Agrupación Armonia, etc.

Asistiu a diversos cursos con:

Miguel Moreno (conservatorio de Madrid)

J. Ettenbert (Orquestra Sinfónica de Galicia)

Aidy Hergo ( Orquestra Filharmónica de Israel)

Pablo Asturiano (Orquestra Cidade de Barcelona)

Styf Dumeil (New York Symphony)......................

Foi director durante 7 anos da Unión Musical de Ponteledesma, durante o 2005 dirixiu a Banda de Sober, dende o 2005 ata o 2007 a Banda de Música Cultural de Teo

Estudou dirección con D. Marcel Van Bree, log realizou diversos cursiños da man de mestres coma; D. Francisco Grau ( Banda Real) e D. Jan Cober ( directo da Escola Europea de Dirección de Banda, Trento), e outros máis.

Dende o ano 2000 e tuba solista, por oposición , da Banda Municipal de A Coruña. Ocupación que alterna, dende Xaneiro de 2008 coa da dirección da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira.